TIC (Tecnoloxías Información e Comunicacións) e TAC (Tamén Amigos e Colegas)
No tope do mastro pode verse unha plataforma giratoria (movemento azimutal e de elevación) para a cámara térmica FLIR SC640 de 640x480 detectores (ou para unha cámara dixital).
O obxectivo do sistema, bautizado como GENMOSTER12 (Copyright Servizo de Teledetección-CACTI 2010) é a "Xeración de Mosaicos Térmicos Georeferenciados desde unha altura de 12 m". O mastro posúe como apoio do programa Thermacam Researcher, que se ocupa do control remoto da cámara a través de 3 repetidores alimentados Firewire (IEEE-1394), dun sistema DGPS dual (base e rover) e do software Image Builder para a xeración dos mosaicos.
Opcionalmente para os usuarios dos sistemas de información xeográfica (SIG) pódense engadir capas de información meterolóxica situando a nosa estación meteorolóxica portátil, que achega datos de radiación solar incidente e reflectida (albedo), dirección e intensidade do vento, presión barométrica, temperatura do aire e humidade relativa.
Como comentario final, destacar que a precisión deste sistema é superior á de calquera UAV, avión ou satélite que voe en elevacións superiores. En concreto algúns dos cálculos fotogramétricos para este sistema son:
Posición zenital (distancia ao target = 12m), tamaño de píxel: 7,97 mm
Para 45º de inclinación da cámara, distancia ao branco de 16,97 m (17m), tamaño de píxel (IFOV): 11,29 mm (1,13 cm), abarcando cada un dos termogramas do mosaico un área de 7,227m (HFOV) x 5,42m (VFOV).
Pode verse aquí en forma gráfica:

Saúde,
--
Ramiro Álvarez Clavero
Teledetección - C.A.C.T.I.
Vicerrectoría de Investigación
http://webs.uvigo.es/ramiro
Etiquetas: Agricultura de Precisión, Infrared Thermography, Remote Sensing, Teledetección, Termografía Infrarroja
© 2012 Creado por J.Carlos Lopez Ardao.